Curso sobre o aproveitamento da resina en Begonte

O Concello de Begonte organiza o curso “Aproveitamento da resina”, que se celebrará o venres 10 de outubro ás 16:00 horas na Aula da Natureza.

A formación de Sogos Consulting, cunha duración total de 20 horas acreditadas, contará coa colaboración da Asociación Promotora da Resinación en Montes de Galicia (Promo Galicia Resina) e será impartida por profesionais do sector.

O obxectivo do curso é dar a coñecer as oportunidades que ofrece a resinación como actividade económica e sostible nos montes galegos, promovendo ao mesmo tempo a diversificación de usos forestais e a posta en valor dos recursos naturais do territorio.

📧 Inscricións e información: aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com

📞 982 39 61 43 / 618 70 94 73

Esta iniciativa conta co apoio da Unión Europea, da Xunta de Galicia e do Concello de Begonte